ASÍ SON EU: COMO ME VEN?



Ana é unha rapaza moi testaruda, sempre quere ter razón, eu seino ben que por algo son súa nai. Gústalle moito ver películas, salir por ahí cos amigos, ir ao pobo coa miña nai. Pásase o día escoitando música, que a min por certo, non me gusta nada. Non lle gusta nada estudar por iso rifamos moito, tampouco lle gustan os bichos, o gas na bebida, as verduras nin ir ao médico e ao dentista.
María, nai.


Ana é unha rapaza moi cariñosa, ás veces demáis, eu penso que é moi empalagosa. Pasamos o día rifando e pelexando por tonterías. Cando se enfade non hai quen a ature e parece una nena pequena. Ahora temos moita confianza e é moi faladeira pero ao principio era moi tímida. Gústannos as mesmas cousas e grazas a iso entendémons e levamonos tan ben.
María, amiga.

Comentarios