ASÍ SON EU


GÚSTAME

A música, o cine, o rap, a pintura, a fotografía, a roupa, as zapatillas, os animais, xogar co meu can Bobi, xogar ás cartas, ir á piscina, ir de compras, ver chover no inverno, estar cos meus amigos, cear todas as noites coa miña avoa e co meu tío, ir no coche cos meu pais, dar paseos cando está anoitecendo, ducharme con auga moi quente, viaxar, rir,  as persoas sinceras, as persoas alegres, Mario Casas e as súas pelis, a cor rosa clara, a letra “d”,  a historia e as matemáticas, o Nadal, o meu aniversario, as festas da miña aldea, as festas do verán, o verán…

NON ME GUSTA

A falsidade, a hipocresía, a mentira, o maltrato, a tauromaquia, as ditaduras, as inxustizas, os políticos, calquera relixión, o racismo, o machismo, as persoas intolerantes, as bebidas con gas, as aceitunas, as lambetadas, as temperaturas extremas, os paxaros, os bichos, enfadarme coa xente que quero, discutir coa miña nai, facer os deberes, estudar cousas que non me gustan, madrugar, suspender, as despedidas, que se acabe o verán, que me digan o que teño que facer, ser tan torpe, ser tan impulsiva e tan directa, calar cando creo que teño razón…

Comentarios